Lembrámosvos, que as vacacións de Semana Santa de este ano, van dende o luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril, é dicir, voltamos ás clases o martes 2 de abril co horario e actividades habituáis
Estes días de lecer, se vos apetece podedes deixar voar a vosa imaxinación e axudarnos no Concurso de debuxo para a XVII Mostra de actividades culturáis, que se vai celebrar en maio no Forum Metropolitano.
As normas para facer e entregar os debuxos son:
- Os debuxos realizaranse nun folio (DIN-A4) e, preferentemente, alusivo ás actividades culturais.
- O debuxo será anónimo.
- Entregarase no local da ANPA, e se pode ser, o martes 2 de abril de 2013.
Dos traballos presentados elixirase un gañador, do que se realizará o cartel anunciador da presente Mostra. Este gañador recibirá un agasallo e diploma.