Infórmannos dende a Federación Provincial de ANPAs que en
reunión co Servizo Municipal de Educación, acordouse que os Programas de Ocio
Educativo (POE) e Deporte no Centro, esténdanse
ata o 14 de xuño, sempre que a ANPA así o desexe, todo elo en
resposta á necesidade cada vez maior, de conciliación da vida laboral e familiar.
En consecuencia, as cotas do POE para este
período son as mesmas que as do trimestre anterior, é dicir:
·
5 días de POE: 30 €/trimestre
·
4 días de POE: 25 €/trimestre
·
3 días de POE: 20 €/trimestre
·
2 días de POE: 15 €/trimestre
·
1 día de POE: 10 €/trimestre
Estas cotas serán as mesmas, independentemente
de que a data de finalización do POE sexa o 31 de maio ou o 14 de xuño.
Nesta ANPA solicitarase que ambos programas rematen o
venres 14 de xuño.