Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

Enlaces a orde do DOG publicada o venres 31 de maio de 2013:

Enlace á solicitude: Código do centro: 15005518

Solicitude (para solicitar a axuda só hai que cubrir e imprimir as dúas primeiras follas)
 Resumo:

Requisitos:
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non pode ser reutilizado.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
Prazo de presentación de instancias:
  • Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
Lugar de presentación de solicitudes:
  • As solicitudes, entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.
Contía das axudas:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2011:

Educación primaria:
• Familias monoparentais:
▪ Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 170 euros.
▪ Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros.
• Resto das familias:
▪ Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros.
▪ Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros.

Renda per cápita familiar:
  • Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computables.
  • Nesta convocatoria, para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2011 e o exercicio fiscal 2011.
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2011, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.