Hoxe, día 21 de xuño rematan as clases do presente curso.
Lembrade que a semana que ven estaremos no local da ANPA os días 25, 26 e 27 de 16:30 a 17:30, para:
- Renovar a cota de socio ou daros de alta.
- Solicitude dos servizos de madrugadores e comedor.
- Deixar os libros de texto que querades donar ao banco de libros e facer a solicitude dos libros que queredes para o curso que ven.
- Deixar prendas do uniforme, chandals e mandilóns no banco de uniformes.
Lembrade tamén que a solicitude para a axuda para os libros de texto remata o 3 de xullo (só para primaria).
Esperamos poder repartir as doazón dos libros de texto do banco os días 3 e 4 de xullo de 11:00 a 13:00.
Tamén temos a previsión de estar os días 9 e 10 de setembro de 16:30 a 18:30.
Lembrade que as clases comezan o mércores 11 de setembro, e ese día xa haberá servizo de madrugadores e comedor.
Feliz verán!