Lembrade que antes do comezo das clases, estaremos no local da ANPA os seguintes días:
- O xoves 5 e venres 6 de setembro de 11:00 a 13:00.
- O luns 9 e martes 10 de setembro de 16:30 a 18:30.
Neses días podedes facer, entre outras cousas:
- Renovar a cota de socio ou daros de alta. Para renovar necesitaremos o carne do ano anterior e foto actualizada, se fose necesario. No caso das altas necesitaremos que cubrades un formulario cos datos e unha foto do neno. En ambos casos a cota aboarase no momento. Lembrade que mantense a mesma cota que en anos pasados por familia de 25€, e 2 € por neno en concepto de seguro.
- Solicitude dos servizos de madrugadores e comedor. Teredes que cubrir o formulario correspondente, no que ademais dos datos do neno e de contacto, deberedes consignar os datos da domiciliación bancaria. Ultimo día o luns dia 9 de setembro, se queredes comezar o servizo no mes de setembro.
- Deixar os libros de texto que querades donar ao banco de libros.
- Deixar prendas do uniforme, chandals e mandilóns no banco de uniformes.
- Pedir calquera información que necesitedes.
Lembrade que o alumnado de novo ingreso de 4º E.I. ten un periodo de adaptación. Pinchade no seguinte enlace para ver máis información. Así mesmo recordarvos que tedes a reunión o día 6 de setembro ás 12 horas.
As actividades darán comezo o martes 1 de outubro.