A chuvia de estrelas Perseidas é un
dos fenómenos astronómicos máis esperados do ano. O planeta Terra cruzase co
rastro de asteroides do cometa Swift-Tuttle. Estes meteoritos chocan contra a
atmosfera terrestre e provocan as chamadas “Lágrimas de San Lorenzo”.
En 2013, este fenómeno comezará o 17 de xullo e chegará ao seu fin o 24 de
agosto. Cando se produce unha lúa chea, o ceo nocturno iluminase. Este brillo
dificulta a visualización dos astros. Por elo, o calendario lunar é sempre un
aspecto a ter en conta para observar as Perseidas.
Na noite do 12 de agosto a maior actividade meteórica será entre as 20.15 e as
22.45h. A chuvia de estrelas Perseidas 2013 alcanzará o seu punto máximo. Poderás
contar ata 100 estrelas fugaces por hora. A lúa estará iluminada só nun 25%, o
que favorecerá a visualización do fenómeno.