Consulta Cidadá pola Educación

ROGAMOS  A MAIOR DIFUSIÓN ENTRE TODAS AS COMUNIDADES EDUCATIVAS
 
Despois da recollida de sinaturas, folgas e mobilizacións en contra da Lei Wert, que marcaron o pasado curso e o esforzo das Comunicades Educativas, temos que dar comezo a éste co mesmo empeño: "PARAR A LOMCE" e a intención de destruir un modelo educativo de calidade e equidade. ESTÁ EN XOGO A EDUCACIÓN DO NOSO PAÍS. ESTÁ EN XOGO O FUTURO DAS NOSAS FILLAS E FILLOS.

Entre as accións propostas está facer unha Consulta Cidadá pola Educación, na que vos agradecemos participar.
A túa opinión conta!
Participa! 
Podes facelo nas mesas de consulta da túa zona ou ben en www.consultaciudadanaporlaeducacion.org
 

Haberá unha mesa no CEIP María Pita o mércores 9 e o xoves 10 de outubro de 16:15 a 18:15, xunto á porta de entrada ás actividades dentro do recinto do colexio.