A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
Entón, este venres, polo momento, desenvolveranse con normalidade todas as actividades, incluídas as de exterior, Baloncesto e Tenis, xa que se levan a cabo antes das 18:00 horas.
Pero estade atentos á web de Educación da Xunta por se emitisen outra alerta. Deixámosvos aquí o enlace: http://www.edu.xunta.es/web/