Facémosvos chegar a programación de actividades que se celebrarán nos museos e salas de exposicións da cidade o vindeiro domingo 18 de maio, Día Internacional dos Museos.
Nesa data os museos estarán cheos de actividades de celebración da súa “festa” anual:
- Xornada de portas abertas nos Museos Científicos e na Torre de Hércules
- Contacontos
- Obradoiros
- Espectáculos
- Concertos…
No arquivo axunto tedes toda a información, dispoñible tamén na web www.coruna.es/cultura
Ver Programa