Xa falta moi pouco para rematar o periodo lectivo deste curso 2013-14. Lembrade que:
- Non haberá actividades extraescolares nin servizo de biblioteca dende o luns 16 de xuño, incluído.
- As clases e os servizos de madrugadores e comedor rematan o venres 20 de xuño.
Deixámosvos un apunte dos eventos previstos nesta última semana:
- Luns, 16 de xuño, de 16:00 a 20:00 h. Festa de Fin de curso con inchables. Debedes acercarvos pola ANPA esa mesma tarde, co voso carné, para que vos poñan a pulseira identificativa para poder desfrutar da festa. Lembrade que para os socios é de balde. Para os non socios ou aqueles que non estean ao día nos pagos coa ANPA deberán aboar 5€. Haberá moitas actividades, e sobre as 18:00, merenda.
- Mércores, 18 de xuño, haberá dúas reunións:
- Comedor: Ás 17:00 horas no comedor. Virán os responsables da empresa de catering Jardanay para tratar temas da organización do comedor e a súa aplicación para o vindeiro curso escolar.
- Campamento de verán: Ás 17:30 horas no Salón de actos. Reunión para os pais e nais dos nenos e nenas incritos no campamento de verán. Virá o coordinador do mesmo para dar información das actividades que se van realizar e para respostar ás inquedanzas que se teñan.
- Xoves, 19 de xuño:
- Olimpíadas: Durante toda a tarde, dende as 16:00 horas, desenvolveranse as distintas probas das derradeiras Olimpíadas do curso.