Ábaco Kids (3º a 6º Primaria)

Se estades interesados, temos información de que os centros CEIP Salgado Torres e CEIP Sal Lence, admiten alumnado doutros centros. É para alumnado de 3º a 6º Primaria.


O Programa do concello Ábaco Kids é un Programa de Desenvolvemento Mental para nenos de 8 a 12 anos (3º a 6º Primaria) polo que, mediante unha aprendizaxe entretida e divertida, experimentan melloras significativas no seu rendemento escolar. Será posto en práctica nos centros educativos por Aloha Mental Arithmetic.
Ademais, o Programa aporta unha serie de beneficios para toda a vida:
  • Operacións aritméticas con velocidade e precisión
  • Capacidade de concentración e atención
  • Capacidade de escoita e habilidade para a observación
  • Creatividade e capacidade de visualización
  • Memoria fotográfica e orientación espacial
  • Autoconfianza
  • Habilidades analíticas
Persoas destinatarias
Alumnado 3º a 6º de Primaria.
Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada á súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

Período de realización
Do 13 de outubro de 2014 ao 29 de maio de 2015
Horario
  • 2 horas á semana. En días alternos ou no mesmo día.
  • Dentro da franxa horaria de 16.00 a 18.00 h
Custo
A cota será de 15€ ao mes por participante.
  • O primeiro pago realizarase a principios de outubro, unha vez que sexa admitido no programa
  • A inscrición no programa inclúe os materiais necesarios para o seu desenvolvemento: materiais didácticos, ábaco, etc
Centros onde se oferta
  • CEIP Sagrada Familia
  • CEIP Curros Enríquez
  • CEIP Salgado Torres
  • CEIP Sal Lence
  • CEIP Eusebio da Guarda