IV CONCURSO DE POSTAIS DE
NADAL
Poderán participar todos os escolares de Educación Infantil e Primaria
escolarizados nos centros educativos do Concello da Coruña
Bases
1. O tema das postais será a felicitación do Nadal e do Ano novo.
2. A técnica será libre. Non entanto, as purpurinas e as tintas metálicas
non serán admitidas.
3. As dimensións máximas das postais serán 210 x 297 mm (A4). O formato da
imaxe será libre sempre e cando respecte as dimensións anteditas e por unha soa
cara.
4. Non se admitirán os traballos que veñan pregados.
5. No reverso da postal constará:
Título do traballo.
Nome e apelidos da
autora ou autor.
Curso e nome do
centro educativo.
6. Haberá dous premios, que serán dous vídeo consolas. A mellor postal será
a felicitación oficial do Concello do Nadal e Ano Novo.
7. As postais entregaranse ou remitiranse a:
IV CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 - 2a
15001 A Coruña
8. O prazo de presentación das postais ábrese o 17 e péchase o 28 de
novembro 2014.
9. O xurado estará composto polo Concelleiro de Educación, Deportes e
Xuventude ou persoa en quen delegue, e catro vogais que serán dous técnicos de
Educación e outros dous de Cultura.
10. A resolución do xurado darase a coñecer o 5 de decembro de 2014. O
resultado comunicaráselle directamente ao centro e ao mesmo tempo remitirase aos
medios de comunicación.