IES. Admisión de novos/as alumnos/as para o curso 2015-16

INFORMACIÓN PARA ALUMNOS/AS QUE ESTEAN CURSANDO 6º ED. PRIMARIA NESTE CURSO
De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2015/16 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 02 e 19 de febreiro , o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, á súa titora ou na Secretaría do colexio.

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

5. Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (2 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 12 de marzo de 2013) no IES da súa preferencia.

6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.