Desde o equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e no nome tamén dos nosos colaboradores, EOI de Santiago de Compostela, Escola de Artes e Superior de deseño Mestre Mateo, IES Manuel Murguía de Arteixo, e Concello da Coruña , queremos convidarvos a asistir ao Festival CinEOI Coruña Curtas, que terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de abril.
Na xornada do martes, día 21, proxectaremos a curta realizada polo grupo do Obradoiro de Iniciación á curtametraxe da EOI da Coruña e TODAS as curtas presentadas ao concurso en sesións de mañá (10.30 horas) e repetiremos sesión o xoves, día 23 a partir das 18.30.
O mércores 22 de abril celebraremos a gala de entrega de premios do concurso na aula magna da Escola Oficial de Idiomas da Coruña ás 20.00. Contaremos coa asistencia do noso presidente de honra, o actor, director e humorista, Xosé Antonio Touriñán.
Tamén haberá unha actuación musical a cargo da cantante Najla Shami e, por suposto, a proxección das curtametraxes finalistas.
Agardamos poder contar coa vosa presenza.