As probas realizaranse de 11.00 a 13.30 horas no novo Paseo do Parrote e
o colexio que máis escolares inscriba recibirá 500 euros en material
deportivo. Ademais, todas as persoas participantes obterán a súa medalla
de finisher.
As carreiras, cuxa inscrición é gratuíta, forman parte da programación de actividades do Maratón Atlántica Coruña42.
As probas disputaranse na mañá do sábado 18, entre as 11.00 e as
13.30 horas aproximadamente, no novo Paseo do Parrote. Estarán divididas
en nove categorías segundo as idades das persoas participantes.
- Xuvenil: nadas/os no ano 1998/1999
- Cadete: nadas/os no ano 2000/ 2001
- Infantil: nadas/os no ano 2002/ 2003
- Alevín: nadas/os no ano 2004/ 2005
- Benxamín: nadas/os no ano 2006/ 2007
- Pitufos: nadas/os no ano 2008 e posteriores
As inscricións do Mini Maratón Atlántica son gratuítas e efectuaranse, única e exclusivamente, a través da web www.championchipnorte.com.
Horario de realización e recollida de dorsais:
- 11:00 Xuvenil e Cadete Feminina / 2.400 m aprox.
- 11:20 Xuvenil e Cadete Masculina / 2.400 m aprox.
- 11:40 Infantil Feminina / 1.600 m aprox.
- 11:55 Infantil Masculina / 1.600 m aprox.
- 12:10 Alevín Feminina / 800 m aprox.
- 12:20 Alevín Masculina / 800 m aprox.
- 12:30 Benjamín Feminina / 800 m aprox.
- 12:40 Benjamín Masculina / 800 m aprox.
- 12:50 Pitufos (tantas quendas como sexa necesario) / 125 m aprox.
A recollida de dorsais será obrigatoria e realizarase o venres, de 17 a 22 horas en Exporunning,
evento que estará situado no Palacio de Exposicións e Congresos Palexco
(Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 – A Coruña), e o sábado 18 no Paseo do Parrote ata unha antes do inicio de cada carreira.