Libros de texto. Solución, xa!

Xa foron presentados por rexistro dous documentos dirixidos á Valedora do Pobo e de novo á Consellería denunciando a situación na que estamos ao remate do Curso, producida polas Ordes que regulan as axudas para a adquisición de libros de texto e os fondos solidarios dos Centros.

Ante a inoperancia da Consellería e a falta de respostas que solucionen o caos e o abandono nos que nos vemos inmersos as familias e os equipos directivos, unímonos áFederación Provincial de ANPAS que promove a seguinte medida que terá éxito coa participación das familias:

CONCENTRACIÓN EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS O VENRES DÍA 19 Á HORA DE ENTRADA DO ALUMNADO

Moitas grazas e esperamos a participación de todos e todas nesta iniciativa.