Xa tedes os libros de texto para o curso 2015-16 de 3º e 5º publicados na web do colexio e tamén no noso blog no apartado de Libros de texto (Ver listados libros)
Deixamosvos a continuación un resumo de como está a situación dos libros para o curso 2015-16.
Nesta situación, cremos que debemos reunirnos e facer un fronte común ante as incongruencias da Administración, que ao final as pagamos nós e os nosos/as fillos/as. Por isto, pensamos que é mellor, facer unha reunión con todas as familias que o curso que ven teñan nenos/as que cursen 3º e/ou 5º de Primaria e ver que facemos. Todos Xuntos.
Reunión Libros 3º e 5º E.P.: O martes 7 de xullo ás 18:00 horas no colexio. A porta que estará aberta, será a que se atopa máis cerca do mercado pola parte de abaixo do colexio.
RESUMO SITUACIÓN
LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-16
1. ALUMNOS de 3º e 5º E.P.
Os libros de texto para o curso que ven, serán os mesmos que se empregaron neste curso 2014-15. Isto ven así indicado na orde que publicou a consellería sobre a creación do “Fondo Solidario” (Orde do 21 de maio de 2015 (DOG de data: 01/06/2015))
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
... 2. Os libros de texto utilizados no curso 2014/15 nos niveis incluídos nesta orde manteranse no curso 2015/16.
Aínda que foi solicitado por parte dos equipos directivos que iso cambiase, a consellería contestou que os libros debían manterse.
Entón a situación é a seguinte:
- As familias que solicitaron o acceso ao “Fondo Solidario”, terán coñecemento se están admitidas ou non, o martes 7 de xullo, cun prazo de reclamación os días 8 e 9 de xullo. A relación definitiva sairá publicada o 15 de xullo. O que a orde non aclara é se nesa relación as familias saberán cales son os libros que lles corresponderán... Os libros poderán ser entregados ás familias ao comezo do curso, en setembro.
- Pode suceder que os libros do “Fondo Solidario” non cheguen para todos os que solicitaron o acceso. Qué facemos nese caso? As familias terían que mercar os libros, aínda que polo que nos din, pode que non poidan pola falla de stock... Pode darse o caso de que nesa situación se atopen familias que se estiveran noutro curso terían a axuda por cheque para mercar os libros... Isto é unha discriminación...
- As familias que non solicitaron o acceso ao “Fondo Solidario”, polo que nos contan non van poder mercar os libros pola falla de stock...
2. ALUMNOS de 1º, 2º, 4º e 6º E.P.
Para o curso que ven, os libros de texto dos cursos indicados cambian todos, por tal motivo o banco de libros que temos na ANPA, non pode deixar libros, xa que non temos. Pasámoslle a lista de libros a outras ANPAs, pero parece ser que son edicións novas polo que supoñemos que conseguiremos ningún. O único que nos queda neste caso, a modo de protesta, pedir o reintegro de gastos xa que a Educación obrigatoria, segundo a constitución debe ser Universal e Gratuíta. Temos un modelo de CEAPA, para poder presentala.
Pedimos as familias que no curso 2014-15 tiveron algún neno/a cursando 3º ou 5º E.P., doen os libros deses cursos ao banco de libros, xa que o curso que ven son os mesmos e parece ser que aínda que as familias queiran mercalos non van poder, xa que segundo din as editoriais non teñen stock.