Comezan as clases


Este xoves 10 de setembro comezan as clases, e tamén os servizos de Madrugadores e Comedor. Nós tamén abriremos o local no noso horario habitual .(de luns a xoves de 16:15 a 18:00)
O Periodo de Adaptación de 4º E.I. finaliza o mércores 23 e o xoves 24 de setembro xa terán horario normal de 9 a 14 horas.
As actividades darán comezo en Outubro.
Lembrade que este luns e martes, 7 e 8 de estembro se entregarán os lotes de libros aos solicitantes do Fondo Solidario de 3º e 5º de Primaria. Será no salón de actos do colexio de 16:30 a 18:30. So poderán entregarse á persoa solicitante do Fondo, que se identificará co seu DNI ou outra persoa autorizada e debidamente acreditada.
Deixámosvos un modelo de autorización por se o necesitades.
Descargar autorización

Feliz comezo!!!