Esta semana remata o periodo de adaptación para os nenos e nenas de 4º E.I.
O xoves 24 de setembro xa asistirán no horario normal. Tamén hai algúns que xa comezan no servizo de comedor. É importante que avisemos aos titores de que o neno ou nena se queda ao comedor e os días que o fai.
Lembrade mandarlles, aos que van a comedor, un pequeno neceser co cepillo e a pasta de dentes. Marcade todo co nome do neno ou nenas.
É bo que marquedes as chaquetas co nome do neno ou nena, incluso o curso, así se quedan esquecidas no colexio, será máis doado atopalas.