Segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento), o outono de 2015 comezará o mércores 23 de setembro ás 10h 21m hora oficial peninsular, ás 9h 21m en Canarias. Esta estación durará 89 días e 20 horas, e terminará o 22 de decembro co comezo do inverno.
Durante o outono de 2015 producirase unha eclipse total de Lúa (o 28 de setembro), que será visible desde España. En canto aos planetas, o ceo matutino estará dominado por Venus (moi brillante ao comezo da estación), Marte e Xúpiter. A eles unirase Saturno ao final do outono. O principio da noite estará dominado por Saturno ata mediados de novembro.
Por outra banda o domingo día 25 de outubro terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de inverno.

(Fonte: Ministerio de Fomento)