O 25 de novembro de 2015, ás 20/20:30 horas, o movemento feminista galego
convoca concentracións e manifestacións nas principais cidades de Galicia* con
motivo do “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” para esixir que a
loita contra a violencia machista sexa unha Cuestión de Estado.
A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA-GALICIA),
como colectivo que representa ás familias da escola pública galega e defende a
igualdade e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais de toda a
cidadanía así como os valores de solidariedade e tolerancia, adhírese a esta mobilización
cívica e xunto ás súas organizadoras invita a toda a sociedade civil a que se
sume á mesma xa que a erradicación da violencia machista e a violencia cara ás
mulleres é unha cuestión que involucra a toda a sociedade. 23 de novembro de
2015
*Manifestacións:
- COMPOSTELA, 20:30 h: desde a Praza 8 de Marzo
- VIGO, 20:00 h: desde a Farola de Urzáiz
*Concentracións:
- A CORUÑA, 20:00 h: Obelisco
- NARÓN, 20:00 h: Praza da Gándara
- OURENSE, 20:30 h: Praza do Ferro.
- PONTEVEDRA, 20:00 h: Praza da Peregrina.