Hoxe enviamos a través do TokApp Shcool a circular da convocatoria da Asemblea de socios 2015. Tamén foi por email. Pero tivemos problemas con algúns correos e tivemos que empregar o Whatsapp e así tamén o fixemos nos casos en que non había ningún outro medio.
Deixámosvos aquí a convocatoria
Esperamos contar coa vosa presenza!!!
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA DE SOCIOS
Pola presente convócasevos á asamblea ordinaria de socios a celebrar o día 9 de decembro de 2015 no Salón de actos do colexio ás 17:45 horas en primeira convocatoria, 18:15 en segunda coa seguinte
Orde do Día:
1. Informe anual. Actividades e tesourería
2. Renovación Xunta Directiva
3. Subvención comedor curso 2014-15.
4. Preguntas e suxestións.
Un saúdo,
Estefanía Ferro Pérez
Presidenta
A Coruña, 2 de decembro de 2015.