Hoxe sae no DOG a orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.
Poden solicitar a súa participación nas
actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as
residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada
actividade.
En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2016, cómpre destacar o seguinte:
– Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
– Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Ver DOG