O venres, día 22 de abril, o Fórum Metropolitano acollerá unha nova edición do Rebumbio Matemático e o día seguinte será o Palexco o que acolla a décima edición da Feira Matemática.
A fase zonal do XVI Rebumbio Matemático terá lugar na Coruña o 22
de abril no Fórum Metropolitano. Os 93 escolares estarán organizados en
31 grupos de tres alumnos cada un. Os centros participantes son A Grande Obra de Atocha, o colexio Montespiño, o colexio Internacional Eirís, o colexio Fillas de Xesús, Calasanz, Calasancias,
Salesianos, Dominicos, CEIP Víctor López Seoane, CEIP María Pita, CEIP
de Zalaeta, CEIP San Francisco Xabier, CEIP Sofía Casanova de Culleredo e CEIP Portofaro de Cambre, ademáis do CEIP Piñeiros, CEIP Almirante Juan de Lángara e CPR Sagrado Corazón de Ferrol, que tamén participarán na eliminatoria da Coruña.
Sorte aos nosos representantes!!!