O prazo de solicitude para que o alumnado do
Centro poida facer uso do transporte durante o curso 2016-17 estará
aberto entre o 23 e o 27 de maio, ambos inclusive.
PRÓRROGA DO PRAZO ATA O MÉRCORES, 1 DE XUÑO
PRÓRROGA DO PRAZO ATA O MÉRCORES, 1 DE XUÑO
Non poderán admitirse
novas solicitudes fóra deste prazo.
A non solicitude en tempo e forma
implicará que o alumno/a non poderá utilizar o servizo no curso
seguinte, aínda que se trate dun usuario lexítimo.
As autorizacións
excepcionais só teñen validez durante un curso.
Ademáis do impreso que
leva cada alumno que actualmente utiliza o transporte, os impresos de
solicitude poderán recollerse na conserxería , na secretaría do Centro e
na páxina web.
As listaxes de alumnado admitido no servizo de
transporte publicaranse antes do comezo das clases en setembro.