XXI Día da Ciencia na Rúa


O sábado 7 de maio, de 11:00 a 19:00 no Parque de Santa Margarita, celebramos o XXI Día da Ciencia na Rúa. 

Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia na Rúa cunha xornada de ENTRADA GRATUÍTA desde as 11 da mañá.

  • A Casa das Ciencias proxectará un maratón de programas de Planetario, con pases ás 11, 12, 13, 16, 17 e 18 horas. 

  • Na Domus celebraranse talleres de disección no Laboratorio Aberto, e ademais proxectarase a película en 3D "Pequenos xigantes", ás 12, 13, 17 e 18 horas. 

  • E no Aquarium o público poderá participar, entre outras actividades, na alimentación das focas ás 12 e 17 horas. Tamén é unha boa ocasión para descubrir a exposición "Animais que parecen plantas", no tanque cilíndrico da sala Maremagnum.