Foto: La Voz de Galicia |
Como xa sabedes, o CEIP Ramón de la Sagra leva uns meses en obras. Nestas obras vaise cambiar a cuberta do centro que é de fibrocemento. Os pais e nais do centro levan tempo tentando parar as obras e piden que estas se leven a cabo fora do período lectivo. A última acción levada a cabo foi poñer o caso en coñecemento da Valedora do Pobo, quen reitera que o alumnado, por vulnerabilidade e por principio de precaución, non debe estar no centro durante as obras, polo que deberían realizarse en período vacacional. E tamén indica, con respecto ao retirada da cuberta, que, xa que non existen niveis de exposición que sexan seguros, debe realizarse unha medición ambiental de fibras antes de que se reinicie a actividade escolar.
Neste intre, as obras continúan e onte comezou o cambio da cuberta. Confirmábase que as obras realizaranse co calendario previsto. A retirada da cuberta farase a partir das 16 h, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, como xa anunciaran. Está prevista a retirada de toda a cuberta agás a correspondente á zona da biblioteca, aula de música e comedor, especialmente sensibles por carecer de forxado.
Hoxe moitos nenos e nenas do Ramón de la Sagra non irán ao cole e non o farán nas próximas 2 semanas.
Como nos afecta isto á nosa comunidade educativa? Dende a ANPA, pensamos que aínda que o noso alumnado non estea nese centro, si estamos afectados pola obra en si, pero non solo nós, senón tamén todos os veciños da contorna e sentimos que non nos teñen en conta. Non temos información directa da administración. Toda a información que nos chega, o fai a través da Comisión de obras que se formou polo tema, formada por pais e nais do Ramón de la Sagra.
Este tema esta xerando moitas dúbidas e inquedanzas as que pensamos que alguén ten que dar resposta. Se as familias do CEIP Ramón de la Sagra cren que os seus fillos e fillas non poden asistir ao colexio polas mañás, polo temor a estar expostos ás fibras de amianto, que pasa co alumnado do noso centro e cos veciños da zona?
Lembrade ademais, que os nosos fillos e fillas están nas actividades extraescolares cando se fai a retirada da cuberta. Cal é a distancia de seguridade que hai que manter? Non está clara, e como medida de prevención, as actividades do exterior cambiarán a súa ubicación, para facer que a distancia sexa maior. Tamén pode ser que se vexan afectadas na súa rutina de clase, pero cremos que, por mor da falta de información e o máis axeitado.