Xa está aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Semana Santa. Na entrada de Campamento Semana Santa tedes o enlace para facer a inscrición na web de SerOcio.
Tamén informamos de que o Campamento de Verán abrirá a inscrición, en exclusiva para os socios de ANPA Xanela, dende o 1 ata o 15 de abril. Despois irase abrindo ao resto de participantes.
As normas e prazos para o Campamento de verán 2017 son as seguintes:
- Prazas: 120 prazas por semana de campamento en Verano
- Prazos de Inscrición:
- Do 1 ao 15 de abril para SOCIOS ANPA XANELA
- Do 15 ao 30 de abril para SOCIOS ANPAS asociadas a SerOcio ( CEIP Salgado Torres, CEIP Juan Fernandez Latorre, CEIP Rosalia de Castro) e nen@s anotados no campamento de Semana Santa (entero)
- Do 1 de maio ao 22 de xuño ou fin de prazas o resto de niñ@s da ciudade entre 3 e 12 anos