A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, desde as 9 horas en diante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/ h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00 h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/poderanas adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112
Aviso Xunta de Galicia
As actividades que se ven afectadas no centro son:
- Predeporte
- Multideporte
- Futbol