Xa está listo e preparado un dos campamentos máis esperados do ano, o Campamento de Semana Santa SerOcio 2018 no CEIP María Pita! Non o deixes para mañá! Van ser 4 días cheos de aventuras e de actividades, explicámoscho a continuación!!
Campamento de Semana Santa SerOcio 2018 no CEIP María Pita
Datas: Días 26, 27,28 de Marzo e 2 de Abril (os 4 días sen clase nin festivos)
Horario: de 9:00 a 14:00 Opción de madrugadores desde as 7:45 e comedor ata as 16:00
Lugar: CEIP María Pita
NOVIDADE!: Os nenos/as anotados neste campamento de Semana Santa terán preferencia no campamento de verán!
Excursións/Actividades: Faremos unha actividade sorpresa, pero xa está confirmado que iremos pasar unha mañá enteira con Karts a pedais e inchables! Ademais haberá talleres de cociña, talleres de inglés, xogos predeportivos, e unha chea de actividades máis!
Custo:
- Campamento: 30€ (ver descontos máis abaixo)
- Día Solto: 10€ (sen descontos)
Opción de madrugadores e comedor: 5€/ día comedor e 3€/ día madrugadores
Prazas: Só dispoñemos de 100 prazas por rigorosa orde de inscrición (en 2 días de inscrición xa se cubriron 62 prazas)
Merenda: Incluída no prezo
Descontos:
- 3 € Socios ANPA Xanela
- 1,50€ Socios ANPAS asociadas
- 1,5 € no 2º Irmán.
- 1,50€ se viñeron ao campamento de Nadal ou Entroido
Inscrición: A partir do día 16 de Febreiro. Xa dispoñible se recibiches este mail é porque usaches un campamento e tes preferencia, podes facer a inscrición na seguinte ligazón:
As prazas son por estrita orde de chegada de mails.
Convida a un amigo: Podes convidar a un amigo para que se apunte antes do comezo do prazo de inscrición, que se inscriba na ligazón anterior e na zona de código promocional que poña: Amigo+nome do neno/a que o convida!