II FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA

Este ano toca a celebración da II FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA, na que nos reunamos as familias das ANPAS, para coñecernos e divertirnos todos xuntos. A festa será nas instalacións do Albergue de Gandarío que cede o Concello de Bergondo para acoller a tod@s o día 12de maio (sábado).


Horario: de 10:00 da mañá a 18 horas

Inscrición: Totalmente gratuita e desde XA no local da ANPA, no noso horario habitual (16:15 a 18 horas de luns a xoves)


En que consiste?
En pasar un día xuntas as ANPAS e participar cos nosos fill@s en xogos, deportes, cancións, actividades, e un final moi divertido coa festa da espuma.

Quen a organíza?
 A Federación e as ANPAS
            - A Federación: Encárgase de toda a organización xeral: aparcadoiro, identificación, zona de almacenaxe de mochilas e bolsas, organización dasactividades,  monitores…
            As ANPAS: Informar e facer a inscrición das persoas que vaian vir do voso cole 
            As familias: Cada asistente debe vir con roupa cómoda e adaptada para as actividades e festa da espuma; traer cada un a súa propia comida e gañas de pasalo ben.

Como chegamos?
Pódese chegar en coches particulares ou se preferides en autobús, queda á organización e parecer de cada ANPA. Enviarémosvos plano.



Novidade
Incorporase un torneo de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.

E como non, non pode faltar unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto a tráelo para bailar todos unhas repichocas.

Se participades, esperamos que sí, en calquera destas dúas actividades é preciso, por razóns de organización previa, anotarse nos campos relacionados na ligazón da aplicación, se non hai participantes, non habería esa actividade.

Podedes votar unha ollada ás fotos do ano pasado na nosa web www.fedapascoruna.org  e achegamos folla a  utilizar para facer as inscricións que despois nos remitiredes, xa que na ligazón o que facemos é inscribir a ANPA.


TEMPORALIZACIÓN:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
14:00 - 15:30: XANTAR
HORARIO DE TARDE:
FOLIADA
CAPOEIRA EN FAMILIA
TROTAMÚSICOS
XOGOS MUSICAIS – ZUMBA
17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA
18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA


O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE ABRIL.

Animarvos e fagamos todos xuntos a festa de fin de curso!!.