A próxima semana, a partir do día 27 de xuño, a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as estará dispoñible para a súa consulta:
- Nas oficinas dos rexistros municipais situados na Praza de María Pita, nº 1, no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, nº 1) e noCentro Ágora (Lugar dá Gramela, nº 17).
- Nos taboleiros de anuncios dos Centros Cívicos Municipais.
- Na dirección web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello (https://sede.coruna.gob.es/
opensiac/action/infopublica? method=enter&edictos=true)
- Na páxina web municipal da área dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/
serviciossociales) e
- No teléfono de información cidadá 010.
Na lista de excluídos/as indicaranse as familias ás que se lle require documentación, as que teñen a documentación completa, e as que teñen a bolsa denegada e o motivo da mesma.
Nos casos de requerimento da documentación, os interesados teñen un prazo máximo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida, advertíndoselle que, no caso de non facelo, teráselle por desistido/a da súa solicitude de bolsa de comedor para o curso 2018/2019.
Si, alguna familia non está de acordo cá denegación, agora NON é o momento de presentar alegacións. De presentalas estarían fóra de prazo. O momento de presentalas, será nun prazo de 10 días hábiles posteiores á publicación das listaxes predefinitivas.