Becas para comedores escolares curso 2018/19



Xa se publicaron as listas definitivas das  Becas para comedores escolares curso 2018/19, podedes consultalas no seguinte enlace

LembradeAs persoas solicitantes, cuxa resolución apareza nesta listaxe como concedida, deberán recoller no seu centro cívico de referencia o Anexo 2. Unha vez cuberto, asinado pola persoa solicitante e selado polo centro cívico, deberá ser entregado nunha oficina de Rexistro Municipal.
O persoal da oficina de Rexistro municipal escaneará o documento e devolverá á persoa solicitante o Anexo 2 orixinal, que deberá ser entregado no centro educativo. O prazo para recoller o Anexo 2 no centro cívico, rexistralo e posteriormente entregalo no comedor do centro educativo, é do 24 de setembro ao 5 outubro, ambos os incluídos.