CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR



  A Campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

O número de prazas ofertadas é de 20.

A Campaña levarase a cabo na Piscina do Clube do Mar os martes de 16:30 a 17:15h

O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se  poidan  producir na matriculación do alumnado.

Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que será o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada.

O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.

O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro.

Os dípticos, así como a folla de transferencia debidamente cumprimentada e o xutificante do ingreso bancario, deberá estar na Federación Provincial de ANPAs. como data límite o 21 de setembro

A data prevista de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 1 de outubro

Nomearase por parte de cada centro un/ha coordinador/a da campaña de natación que será a persoa de referencia á efectos de recibir as notificacións e transmitilas ás familias.

Unha   ve feita    inscrición   do alumnos,   informarase   ao   coordinador/ da Campaña de Natación de cada centro, do número de escolares admitidos, así como dos horarios definitivos da actividade.

Podedes descargar toda a información aquí