A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun
fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de
vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves
día 06.06.2019 ás 12.00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas. Este
adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña, e da totalidade da
provincia de Pontevedra.
Ante a
devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A
SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas
de predición meteorolóxica afectadas.
2. A
autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros
escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un
seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá
este adverso.
3. Para o
caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen
un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior,
as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das
actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da
páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )