A ANPA XANELA organiza o campamento de Nadal 24/25 que se desenvolverá entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do vindeiro ano e que estará organizado a través da empresa colaboradora Serocio. O campa cobre as necesidades de conciliación entre as 7:45 e as 16 horas, ao incluír servizo de madrugadores e comedor, ademáis do campamento en si.
As inscricións pódense facer a través da web de Serocio, mentres que nos servizos de comunicación da anpa podes atopar toda a información que precises. Lembra que por ser socio da Anpa terás acceso a un desconto no prezo final do campamento.
Este ano, por decisión do Consello Escolar do CEIP María Pita, o acceso ao campa estará limitado ao alumnado do propio centro.