O Concello da Coruña comprometeuse a buscar solucións ao problema dos excrementos de pombas que aparecen de xeito recorrente nas instalacións do colexio, tralas xestións realizadas ante a Concellería de Educación pola Anpa Xanela.
O Concello ordenou o reforzo do servizo de limpeza e analiza co centro e coa Xunta a instalación de elementos disuasorios para evitar a presenza do pombas nas proximidades do colexio.
A Anpa Xanela agradece a información facilitada pola Concellería de Educación e agarda que as medidas anunciadas permitan solucionar o problema.